Thursday 16 de May de 2024

Camariñas reactiva a recollida porta a porta de voluminosos seguindo un procedemento especial


A veciñanza terá que apuntarse chamando ao 981 736 000 e só se recollerá un máximo de tres elementos que non ocupen máis de 4 metros cúbicos.
O Concello de Camariñas detectou que nos últimos días se están a
acumular varios residuos voluminosos nas rúas. Hoxe, venres 27 de
marzo, procederase á súa retirada e, debido a que se prevé que este
tipo de situacións continúe repetíndose, decidiuse reactivar a recollida
porta a porta deste tipo de residuos pero seguindo un procedemento
especial, derivado da situación actual de crise sanitaria provocada
pola expansión do COVID-19.
A veciñanza terá que anotarse chamando ao teléfono 981 736 000
dando os seus datos persoais, dirección e teléfono de contacto.
Tamén deben indicar o tipo de voluminoso que queren que se lles
recolla, cun máximo de tres elementos que non ocupen máis de 4
metros cúbicos. Desde o goberno local inciden en que “só se recollerá
isto e nada a maiores, se hai máis voluminosos deben apuntarse para
próxima ocasión”.
Desde o servizo de recollida encargaranse de chamar por teléfono aos
usuarios e usuarias para comunicar que día os recollen e os veciños
deben deixalos fóra entre a noite do día anterior e a mañá do mesmo
día da recollida. “Hai que deixalos na vía pública, o máis preto á porta
da súa casa pero nunca impedindo o tráfico de persoas e vehículos.
Tirar residuos na vía sen estar apuntado será motivo de sanción”,
recordan desde o goberno local.
Os voluminosos que se recollen a través deste servizo especial son
plásticos grandes, metais, electrodomésticos, mobiliario, botes de
pinturas ou equivalentes, fluorescentes, baterías e pilas.

Gabinete de prensa: 618 081 497

Non se pode empregar este servizo para baldeirar vivendas. Para
este tipo de actuacións o propietario ou propietaria terá que contratar
un contedor de obra a unha empresa autorizada. Ademais, é un
servizo de uso exclusivo veciñal. As empresas terán que xestionar os
seus propios residuos como di a normativa autonómica.